Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.437

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (906/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 906/2000 seguidos por instancia de José Luis López Verdía contra Macobe, S.A. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 5-4-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por José Luis López Verdía, contra a empresa Macobe, S.A. debo condenar e condeno a dita demanda a que faga o pagamento ó demandante da suma de 463.373 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poden anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignación deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Macobe, S.A. que tivo o seu último domicilio coñecido en Estremeiro, s/n, Miño, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 5 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado