Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de abril de 2001 pola que se modifica a do 5 de decembro de 2000, pola que se regulan as axudas económicas para a atención de persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial e a inclusión no programa das entidades prestadoras de servicios sociais.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais de Galicia, nos seus artigos 50 a 52 recolle a posibilidade de conceder de maneira singular presta-

cións económicas non periódicas e periódicas a persoas en estado de necesidade.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e o Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se fixa a estructura orgánica da consellería, ten atribuídas competencias en materia de servicios sociais.

O Consello da Xunta, por iniciativa da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, aprobou o Decreto 176/2000, do 22 de xuño, polo que se regula o programa de atención ás persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial, decreto que foi desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 2000, pola que se regulan as axudas económicas para a atención de persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial, e a inclusión no programa das entidades prestadoras de servicios sociais na que se fixan, entre outras cuestións, a contía das axudas, o custo máximo dos servicios prestados a través do programa cheque asistencial e os importes máximos dos cheques.

En concreto, a Orde do 5 de decembro, no seu artigo 10. 1. c) fixa o importe máximo subvencionable e os custos da modalidade de cheque de axuda no fogar; así, o custo máximo deste servicio é de ata 1.100 ptas/hora e ata 90.000 ptas/mes cun máximo de 120 horas/mes e un importe do cheque de axuda no fogar de 45.000 ptas/mes en función do sinalado no artigo 10.2º desa mesma orde, que recolle que a participación mínima do beneficiario no custo do servicio é do 50% sobre o custo total.

O día 15 de marzo de 2001 publicouse no Boletín Oficial del Estado (BOE nº 64, do 15 de marzo de 2001) a Resolución do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Traballo pola que se dispón a inscripción no rexistro e a publicación do Convenio Colectivo Laboral de Residencias Privadas de Persoas Maiores e do Servicio de Axuda a Domicilio, convenio que é de ámbito estatal.

Neste convenio increméntanse os salarios das distintas categorías profesionais, o que supón á vez un importante incremento dos custos da prestación do servicios de axuda no fogar, o que suporía, de non modifica-lo custo máximo do servicio recollido na Orde do 5 de decembro de 2000, a imposibilidade por parte das entidades adheridas ó programa de presta-lo servicio de axuda no fogar, e isto que aconsella modifica-los custos máximos do servicio de axuda no fogar recollidos na devandita orde.

Por outra banda, en función do sinalado no artigo 10.2º, que recolle a coparticipación do beneficiario do cheque na contía mínima do 50% sobre o custo total do servicio, o que suporía un moi importante incremento da participación do beneficiario na súa mínima participación no custo do cheque, o que leva

ría consigo a imposibilidade por parte dos usuarios de acceder a esta modalidade do programa. Para evitar estes prexuízos, é necesario diminuí-la achega mínima do beneficiario na modalidade de cheque no fogar para mante-la súa achega nunha cantidade axeitada para os usuarios.

Por último, e como consecuencia das modificacións introducidas, debe iniciarse de novo o cómputo dos prazos de resolución de expedientes xa iniciados nesta modalidade de cheque de axuda no fogar.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas polos artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único: modifícanse no artigo 10 da Orde do 5 de decembro de 2000, pola que se regulan as axudas económicas para atención de persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial e a inclusión no programa das entidades prestadoras de servicios sociais (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 2001), os puntos que a seguir se recollen, e que quedan redactados do seguinte xeito:

Punto 1.

«c)Atención de axuda no fogar prestada por entidades adheridas ó programa:

*Custo máximo do servicio: ata 1.300 pesetas/hora e ata 156.000 pesetas/mes.

*Número máximo de horas de servicio con cargo a este programa: ata 120 horas /mes.

*Cheque para axuda no fogar: ata 109.200 pesetas /mes.»

Punto 2, parágrafo primeiro.

«Para os efectos do cálculo da subvención considerarase que o beneficiario, axudado, se é o caso, pola súa unidade de convivencia ou por quen lle preste a axuda, participará cos seus ingresos no pagamento da contía mínima do 50% sobre o custo total das modalidades de atención nas residencias, atención en centros de atención diúrna e atención en estadía temporal ou asistencia a programas de respiro, e, no caso da modalidade de atención de axuda no fogar, participará na contía mínima do 30% sobre o custo total deste servicio; polo tanto, a contía mínima mensual subvencionable será a diferencia resultante entre os importes máximos establecidos segundo a modalidade e as achegas dos beneficiarios».

Disposición adicional

Única:

1. Para os efectos do previsto no artigo 8 da Orde do 5 de decembro de 2000, o prazo para a resolución dos expedientes nos que se solicita o cheque asistencial na modalidade de axuda no fogar comezará a computarse desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Concédese un prazo dun mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para que os solicitantes da modalidade de axuda no fogar poidan desistir da súa solicitude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Servicios Sociais para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais