Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004103/2001, interposto por Antonio Espinoza Suanzes e María Luisa Pérez Lozano contra resolución desta consellería do 10 de novembro de 2000 pola que se resolven tódolos recursos de alzada interpostos contra a Resolución do 16 de decembro de 1999.

Resolución do 4 de maio de 2001, do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004103/2001, interposto por Antonio Espinoza Suanzes e Mª Luisa Pérez Lozano contra resolucións da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 10 de novembro de 2000, polas que se resolven tódolos recursos de alzada interpostos contra a Resolución do 16 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se facía pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 1998.

O que se notifica para o xeral coñecemento de tódolas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos que se tramitan ante a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e

Servicios Sociais