Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 5 de marzo de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle na rúa de Touro (Vite-Almáciga), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O ámbito do estudio de detalle está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: edificios números 30 e 32 da rúa de Touro.

Sur: terreo destinado a equipamento deportivo (DEP-8), fronte ós números 21 a 29 da rúa do Pino.

Leste: rúa de Touro, no tramo situado fronte ós edificios números 18, 19 e 20 desta rúa.

Oeste: parque do monte da Almáciga e terreos cualificados para uso asistencial (AS-17).

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo