Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.E. industrial II-03 Santo André de Comesaña (expediente 4034/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de febreiro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle, texto refundido, da U.E. industrial II-03 Santo André de Comesaña, presentado pola comisión xestora da devandita U.E. con data 4 de marzo de 1999, redactado polo arquitecto J. Enrique López Santander e visado polo COAG no 2 de marzo de 1999 (expediente 4034/411).

Segundo.-Estima-la alegación formulada por María del Carmen González Costas no período de información pública.

Terceiro.-No preoxecto de urbanización deberá preverse un sistema axeitado de evacuación das augas pluviais do sector, coa supervisión e informe favorable da entidade Seragua, S.A., de xeito que non se poderán conceder licencias de primeira ocupación antes de que o correspondente colector estea rematado. Do mesmo xeito, as naves preexistentes na parcela A decláranse fóra de ordenación, ó incumpri-los recuamentos preceptivos.

Cuarto.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP, con notificación individualizada ós solicitantes, presidente da xunta de compensación e demais interesados por el.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico de las administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 29 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo