Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de información pública.

Por decreto da Alcaldía do 23 de marzo de 2001 aprobouse inicialmente o estudio de detalle, sito en Mandín-Soñeiro, tramitado por instancia de Consuelo Lata Barreiro e redactado polos arquitectos Francisco Otero Méndez e Felipe Brandariz Cañas.

Así mesmo, por decreto da Alcaldía da mesma data aprobouse inicialmente a delimitación de unidade de execución, proxecto de compensación e proxecto de urbanización do mesmo predio sito en Mandín-Soñeiro, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto Francisco Otero Méndez.

Dando cumprimento ós artigos 42 e 133.8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, logo dos anuncios no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia, téndose en conta para os efectos do cómputo do prazo a última publicación.

Sada, 23 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado