Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o día 20 de febreiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos da xunta de compensación da UA 37, sita na praza da Constitución-Meicende, promovido pola comisión xestora da citada UA.

Sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días contados desde a publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo os interesados poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que crean oportunas, así como solicita-la súa incorporación á xunta de compensación. (Expediente 39/00.BE).

Arteixo, 26 de febreiro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde