Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia (expediente CP-SX-6/2001), Novoa Santos (expediente CP-SX-7/2001) e Verín (expediente CP-SX-8/2001).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación dos servicios que a seguir se citan:

* Expediente CP-SX-6/2001.

1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e PAC de Ribadavia.

2. Orzamento anual: 7.500.000 pesetas (IVE incluído) (45.075,91 euros).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do importe de licitación (150.000 pesetas) (901,52 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

* Expediente CP-SX-7/2001.

1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e SNU Novoa Santos.

2. Orzamento anual: 8.700.000 pesetas (IVE incluído) (52.288,05 euros).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do importe de licitación (174.000 pesetas) (1.045,76 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

* Expediente CP-SX-8/2001.

1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e PAC de Verín.

2. Orzamento anual: 10.000.000 de pesetas (IVE incluído) (60.101,21 euros).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do importe de licitación (200.000 pesetas) (1.202,02 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

5. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de xullo de 2001 ou data de comezo efectivo da vixencia do contrato, unha vez formalizado.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia económica e financeira: acredítase por algún dos medios indicados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acredítase por algún dos medios indicados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na avenida de Zamora, 13-5º andar, 32005 Ourense, teléfono: 988 386 437, fax: 988 386 450, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ser enviadas por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

13. Apertura das proposicións: terán lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 27 de abril de 2001.

José F. Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense