Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO de concurso.

Aprobado polo concelleiro delegado o expediente de contratación para a adquisición, polo sistema de concurso, da subministración de tres casas prefabricadas tipo bungalow con destino ó cámping municipal Carballo do Marco, pola presente exponse ó público polo prazo de 8 días desde a publicación do presente anuncio.

Así mesmo, anúnciase a apertura do período licitatorio para a presentación de ofertas respecto do antedito procedemento, podendo adiarse a licitación caso de que se formularan reclamacións, en canto estas non fosen resoltas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

Subministración de tres casas prefabricadas tipo bungalow, con destino ó cámping municipal, de acordo coas determinacións contidas no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Xeito: concurso.

4. Orzamento de licitación.

15.000.000 de pesetas (inclúense tódolos impostos e gastos que se xeren).

5. Garantía.

a) Provisoria: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: secretaría xeral do concello.

b) Prazo: durante os oito días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG ou no BOP (a derradeira publicación).

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: durante os oito días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG o no BOP (a derradeira publicación).

b) Documentación necesaria: a esixida no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello da Cañiza, de 9.30 a 13.30 horas, de luns a sábado, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

d) Prazo durante o cal está obrigado o licitador a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Modelo de proposición: axustarase ó que figura no prego de condicións.

8. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación procederá á apertura de plicas o primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, no salón de comisións da casa do concello.

9. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que se puidesen xerar pola publicación dos correspondentes anuncios, toda clase de tributos derivados do contrato e os de transporte do material que se subministre.

A Cañiza, 2 de maio de 2001.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente de alcalde-delegado