Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2001, acordou aprobar inicialmente o expediente de división da UA 50 das NN.SS. de planeamento, promovido por Ángel Martínez Vázquez (expte.: 014/2001.DUA), o cal queda sometido a información pública polo prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que coiden conveniente.

Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou tentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no punto 4 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 3 de abril de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde