Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO de contratación.

O Concello de Ames anuncia a contratación, mediante poxa e procedemento aberto, da obra de construcción de dúas pistas para a práctica de Street (Skate Park) e unha pista cuberta para a práctica de minibásquet:

Prezo da contratación: 16.184.223 pesetas.

Fianzas: provisional: 323.685 pesetas. Definitiva: 4% do remate.

Presentación de proposta: 26 días naturais a partir da última publicación no BOP, Diario Oficial de Galicia ou o xornal El Correo Gallego.

Obtención de copias do proxecto e dos pregos de condicións administrativas particulares na copistería Copy Estudio, S.L., sito na rúa Nova de Abaixo, 19-21, en Santiago de Compostela.

Ames, 30 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado