Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos administrativos de subministracións correspondentes ó concurso público C.P. 14/2000.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos de subministracións que se indican a seguir, efectuada logo da tramitación do correspondente expediente administrativo de concurso público.

Expediente: C.P. 14/2000, lentes intraoculares e solucións viscoelásticas.

Adxudicatarios:

-Alcon Cusí, S.A.

Importe: 26.355.000 pesetas.

Lotes: 1, 2, 3, 7 e 8.

-Allergan, S.A.

Importe: 134.000 pesetas.

Lote: 4.

-Pharmacia Spain, S.A.

Importe: 2.170.000 pesetas.

Lote: 5.

-Bausch & Lomb Surgical España, S.A.

Importe: 65.000 pesetas.

Lote: 6.

Ourense, 2 de abril de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense