Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-286/2000 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-286/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-286/2000.

Denunciado: Multi Inversiones Coruña, S.L.

Enderezo: r/ Río de Monelos, nº 2-1º A.

Sanción e motivos: 25.000 pesetas (vintecinco mil pesetas), por contrato defectuoso e obstrucción ó labor inspector.

Data de resolución: 20-3-2001.

A Coruña, 2 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña