Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía, do día 27-4-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, para a obra de rede de saneamento no Ferradal-Bértoa, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 15.525.221 pesetas (93.308,48 euros).

Prazo da obra: dous meses (2).

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación.-Presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación.-Presentaranse en dous sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 30 de abril de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde