Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viaxata Tours, S.L., co código identificativo XG-186, do grupo retallista, e con casa central na rúa Santiago de Chile, 30, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes, Viaxata Tours, S.L., sita na rúa Santiago de Chile, 30 de Santiago de Compostela, da que é a representante legal Josefa E. Rivadulla Montaña,

Resultando que con data do 13-10-2000 a compañía ACC, Seguros de Caución procedeu á comunicación de cancelación da garantía que ten depositada na Caixa Xeral de Depósitos da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia,

Resultando que, consonte o establecido no artigo 13 c) do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, se lle notificou con data do 23-10-2000 á citada axencia a obrigatoriedade de repoñe-la garantía no prazo de 15 días,

Resultando que, non se tendo efectuada a devandita reposición da garatía, se iniciou con data do 3-3-2001 o expediente de revogación do seu título-licencia, concedéndoselle un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que considerase pertinentes,

Resultando que nese prazo o interesado efectuou alegacións no sentido de solicitar un aprazamento de 30 días para repoñe-la citada garantía,

Considerando que segundo establece o devandito artigo 13 c) do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, constitúe causa de revogación do título-licencia de axencia de viaxes a non reposición da garantía na contía e prazo previsto no artigo 16 do referido decreto,

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición normativa de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta consellería

RESOLVE:

Revoga-lo seu título-licencia á axencia de viaxes Viaxata Tours, S.L., co código identificativo XG-186, do grupo retallista, e con casa central na rúa Santiago de Chile, 30, en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo