Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de autorización de instalacións da rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A., no termo municipal de Curtis promovido pola empresa Gas Natural SDG, S.A. (Expediente 01/3-0-G).

De acordo co disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, polo que se modifica o Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A.

Peticionario: Gas Natural SDG, S.A., con enderezo en avda. de América, nº 38, 28028 Madrid.

Características das instalacións.

A rede está composta por unha canalización de aceiro de 6 polgadas de diámetro e presión APB

(51 bar), con orixe e final no termo municipal de Curtis.

Parte mediante unha conexión cap da posición I-016/1 do ramal a Curtis, situada nas proximidades da estrada de acceso á estación de Curtis, discorrerá utilizando camiños existentes na medida do posible e finalizará nunha válvula de acometida situada na entrada da industria Bioetanol Galicia, S.A.

A lonxitude da conducción neste municipio é de 13.180 m.

Termos municipais afectados: Curtis.

Orzamento: o orzamento ascende a douscentos setenta e un millóns duascentas cincuenta e nove mil catrocentas sesenta e seis (271.259.466) pesetas.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo estudio de impacto ambiental do proxecto nesta dirección xeral, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na Delegación Provincial da Consellería

de Medio Ambiente na Coruña, na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña, e no concello de Curtis, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria