Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV subestación do parque eólico Coriscada I-subestación do parque eólico Coriscada II. (Expediente 21/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV subestación do parque eólico Coriscada I-subestación do parque eólico Coriscada II, sita no termo municipal de Ortigueira (expediente 21/2000), por resolución da Dirección Xeral de Industria do 6 de marzo de 2001, a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con enderezo na avenida do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-lo día 6 de xuño de 2001, no Concello de Ortigueira, para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos afectados que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, contidos na relación de predios que se xunta e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ortigueira, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo de 2000, excluídos os mutuos acordos logrados; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-la data e hora do

levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello, sen prexuízo de desprazarse ós predios se fose necesario.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 25 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 21/2000Provincia: A Coruña

L.A.T. 132 kV s/c sub. do p.e. Coriscada I-sub. do p.e. Coriscada II Termo municipal: Ortigueira

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoioSuperficie

ocupada

mLonxitude

mSuperficie

afectada

m

2VicaloEucaliptosCelulosas de Asturias, S.A.r/ Armental, s/n,

33710 Navia (Asturias)

5 e 6164308.600

3Prado do FoxoMonte baixoHdos. de Enrique Ares Río

Rep.: Sara Pedre Pedre

Vilariño, Freitido,

15339 Mañón (A Coruña)

621.240

4Prado do FoxoMonte baixoEugenio Pedre BouzaFrancisco Añón, 38,

15010 A Coruña

26520

5Prado do FoxoMonte baixoHdos. de José Antonio

Pedre Bouza

Rep.: Jaime Freire Rodríguez

Vilariño, Freitido,

15339 Mañón (A Coruña)

28560

7Prado do FoxoMonte baixoConcepción Cao RodríguezPanda, Freitido,

15339 Mañón (A Coruña)

719621.240