Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación dun servicio de limpeza e outro de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Pontevedra.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, dos seguintes contratos de servicios:

1. Limpeza nos centros dependentes da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra (Biblioteca Pública Antonio Odriozola, Museo Massó de Bueu, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e oficinas de turismo en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Tui):

-Orzamento de licitación: dez millóns cincocentas oitenta e catro mil pesetas (10.584.000 pesetas=63.611,13 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra (Museo Massó de Bueu, Biblioteca pública Antonio Odriozola e Biblioteca pública de Vigo).

-Orzamento de licitación: vintedous millóns catrocentas setenta mil pesetas (22.470.000 pesetas=135.047,42 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: 2% sobre o importe de licitación.

-Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=355... servicio de limpeza.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=357... servicio de seguridade.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo