Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, subestación Lomba-subestación Ventoada, no termo municipal de Muras, provincia de Lugo. (Expediente 031/2000 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Parque Empresarial da Moraleja, avda. de Europa, 18, planta baixa, Alcobendas, 28108 Madrid, resultan os seguintes antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 6 de xuño de 2000 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as siguientes:

Liña de alta tensión aérea a 132 kV, sobre torres metálicas de celosía, conductor LA-180, de 1.598 m de lonxitude, con orixe na subestación do parque eólico de Lomba e final na subestación do parque Ventoada, concello de Muras (Lugo).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 3 de xaneiro de 2001, publicada no DOG do 15 de xaneiro, no BOP de Lugo do 10 de xaneiro e o diario El Progreso do 10 de xaneiro, no taboleiro de anuncios do concello de Muras e na Delegación Provincial de Lugo; Así mesmo, a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Separadamente presentaronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependientes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, Aquilino Cuba Camba alega ser parte interesada no expediente pola súa condición de comuneiro do monte veciñal en man común da Balsa manifestando:

a) Que non consta no expediente o informe preceptivo da Consellería de Medio Ambiente.

b) Que a declaración de utilidade pública carece manifestamente dun fin lexítimo.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista da alegación presentada por Aquilino Cuba Camba; da contestación a esta parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non se pode tomar en consideración por:

a) O citado informe preceptivo ó que fai referencia o alegante foi emitido con data do 9 de novembro de 2000 pola Consellería de Medio Ambiente e con data do 15 de novembro de 2000 e número de Rexistro de Entrada na Consellería de Industria e Comercio 15.516.

b) A declaración de utilidade pública realízase ó abeiro do artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, subestación Lomba-subestación Ventoada, no termo municipal de Muras (Lugo).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria