Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (871/2000).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 872/2000, contra Roberto

Rodríguez Calvete-Construcciones RRC sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña o 27 de marzo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 871/2000 seguidos por instancia de Cándido Pedreira Olveira, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra Roberto Rodríguez Calvete-Construcciones RRC, comparecendo o seu titular, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando demanda interposta por Cándido Pedreira Olveira contra a empresa Roberto Rodríguez Calvete-Construcciones RRC, debo condenar e condeno a esta a lle aboar ó demandante a cantidade de 644.052 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recurrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente».

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Roberto Rodríguez Calvete-Construcciones RRC mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado