Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (425/2000).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 425/2000 por instancia de José M. Andrade Cancela, contra a empresa Conberga, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 3 de novembro de 2000.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo

número 425/2000, seguidos por instancia de José María Andrade Cancela, maior de idade, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Conberga, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José María Andrade Cancela contra a empresa Conberga, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 394.510 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpoñe-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José María Andrade Cancela, de enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado