Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (360/2000).

En autos de referencia dictouse resolución por medio da cal se acorda empraza-lo demandado Gilberto Morales Baluja, a través de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos deste xulgado.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Gilberto Morales Baluja, con último domicilio coñecido en Santiago de Compostela, avda. de Lugo nº 163, 1º, esténdese esta cédula, para que sirva de notificación e emprazamento en Santiago de Compostela o vintedous de marzo de dous mil un.

O/A secretario/a

Rubricado