Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.282

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

CÉDULA de emprazamento (4055/1993).

Yo, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso contencioso-administrativo número 4055/1993, se dictou a seguinte:

En cumprimento do acordado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en resolución dictada no recurso número 02/0004055/1993, interposto por José Ramos Fernández e outros, contra silencio administrativo do Concello de Cabanas a escritos do 13 de febreiro e do 10 de agosto de 1992, sobre denuncia por obras que realiza José Fernández Gómez, Prominfer, S.L., na parroquia de Santo André, dictouse providencia que, entre outros particulares, di: «Emprácese por medio do Diario Oficial de Galicia a Antonio Arias Álvarez, para que no termo de nove días compareza nos autos, se o considera conveniente ós seus intereses, ante esta sala, para formar mediante avogado e procurador con poder para o efecto, coa prevención de que, se non comparece dentro do prazo indicado, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito».

E para que conste e para a súa notificación a Antonio Arias Álvarez, con último domicilio coñecido na avda. de Buenos Aires, nº 111, de Ourense, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o dezaseis de abril de dous mil un.

A secretaria

Rubricado