Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Para os efectos do determinado nos artigos 121 da Lei do solo de Galicia e 38 do Regulamento de xestión urbanística, e en relación coa delimitación da unidade de execución do tramo de rúa entre avda.

Fco. Glez. Rei e confluencia de r/ Pedra da Moa e avda. López Blanco, faise constar que o Pleno desta Corporación, na sesión celebrada o día 19 de marzo de 2001, adoptou, por unanimidade, o acordo que seguidamente se transcribe, na súa parte dispositiva:

Primeiro.-Desestima-las alegacións formuladas por María Luz Calleja Pérez, Francisco Javier Santalices Rodríguez, Fernando Mouriño Villar, Rosa Feijóo Grande e Gonzalo Calleja Rodríguez de acordo co informe técnico do redactor do proxecto.

Segundo.-Aprobar definitivamente o polígono de delimitación a fins expropiatorios nesta actuación illada, a que se refire a execución da obra tramo de rúa entre avda. Fco. Glez. Rei e confluencia de r/ Pedra da Moa e avda. López Blanco, comprendendo tanto o solo incluído no espacio con sistema de execución directa, como parte do solo da unidade de actuación UE-3, tendo en conta que nesta soamente respecto ó terreo e bens que se van ocupar para a rúa de nova apertura e o de parcelas especialmente beneficiadas por seren colindantes con esta, con finalidades de financiamento; todo isto de acordo con detalle en planos unidos ó expediente.

Terceiro.-Que a incorporación do devandito solo da UE-3 non alterará determinacións, aproveitamentos, dereitos e obrigas que o Plan xeral establece para UE-3 no espacio non incluído no citado polígono delimitado, co fin de que non se modifiquen tales circunstancias cando completen os propietarios o desenvolvemento e execución da devandita unidade polo sistema de compensación previsto no plan, procurando entre eles a xusta distribución de cargas e beneficios como se se incluíse no seu proxecto de compensación, xa que debe considerarse que tódolos propietarios na UE-3 teñen parcelas cara á nova rúa de apertura, con posibilidade de aproveitamento na banda edificable paralela á nova rúa e deben ser eles os que na Xunta de Compensación regulen esta xusta distribución de dereitos e cargas anteriormente referidos.

Cuarto.-Xa que logo, e baixo as determinacións e circunstancias que conteñen os acordos incluídos nos dous parágrafos anteriores, apróbase definitivamente a exclusión parcial na UE-3 do sistema de compensación e soamente das superficies a que refire o segundo dos acordos deste asunto.

Quinto.-Apróbase definitivamente a relación de propietarios e bens inmobles afectados unidos ó proxecto de delimitación.

Sexto.-Notificar este acordo ós interesados, coa copia do informe técnico emitido para efectos de motivación.

Celanova, 2 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado