Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Para os efectos do determinado nos artigos 121 da Lei do solo de Galicia e 38 do Regulamento de xestión urbanística, faise constar que o Pleno desta Corporación, na sesión celebrada o día vintenove de marzo de dous mil un, adoptou, por unanimidade, o acordo que seguidamente se transcribe, na súa parte dispositiva:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o polígono de delimitación con finalidades expropiatorias nesta actuación illada, a que se refire a execución da obra tramo de rúa entre avda. Francisco González Rei e rúa Venezuela (lateral ó centro de saúde).

Segundo.-Apróbase definitivamente a relación de propietarios e bens inmobles afectados unidos ó proxecto de delimitación.

Celanova, 2 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado