Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 30 de marzo de 2001, da Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas no anexo os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non seren recibidas as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comúnicase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0247-60-0000055557 nos prazos que se sinalan no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñerse no prazo de 15 días, a partir do día seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa

perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e para que lle sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

O Barco de Valdeorras, 30 de marzo de 2001.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras

Suxeito pasivo

DNI

Concepto

Período

Débeda

pesetas

Baranga Ares, Pedro33.347.491Prest. sanit.23-2-1999/23-2-199924.329

Estévez Fdez., Manuela36.566.251Prest. sanit.12-1-1999/21-1-199924.329

Vieito López, José Mª44.835.734Prest. sanit.26-9-1999/26-9-199924.840

Sández Rguez., Fco.34.835.734Prest. sanit.26-9-1999/26-9-199924.840