Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001 pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministración.

Expediente nº 008/2001.

Obxecto: instalación de cableado de comunicacións no complexo docente de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 9.583.572 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 191.671 pesetas.

Prazo de entrega: 2 meses.

Expediente nº 009/2001.

Obxecto: adquisición de material de televisión para o Servicio de Medios Audiovisuais (Servimav).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 27.500.000, IVE incluído.

Garantía provisional: 550.000 pesetas.

Prazo de execución: 15 días.

Obras.

Expediente nº 411/2001.

Obxecto: rehabilitación do Pazo de Montenegro de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 159.634.125 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 3.192.682 pesetas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo C-subgrupo 8-categoría c.

Expediente nº 412/2001.

Obxecto: instalación de sistemas de detección de incencios e alarma, bocas de incendio equiparadas e protección contra instrusión en varios centros.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 21.788.096 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 435.762 pesetas.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo K-subgrupo 9-categoría d.

Garantía provisional: 100.000 pesetas.

Asistencias técnicas.

Expediente nº 660/2001.

Obxecto: mantemento da rede de comunicacións da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 38.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 770.000 pesetas.

Prazo de entrega: 2 anos.

Contratos administrativos especiais.

Expediente nº 661/2001.

Obxecto: servicio de cafetería-comedor do complexo docente de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Canón mínimo: 1.000.000 de pesetas anuais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega/execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 (Galerías) Santiago de Compostela, (teléfono 981 58 89 38) ou na copistería Unicopia, facultade de Veterinaria, pavillón de aulas, campus universitario de Lugo (teléfono 982 28 59 00 ext. 22475).

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información para as obras: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para as subministracións, asistencias técnicas e contratos administrativos especiais: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación para as obras: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para as subministracións, asistencias técnicas e contratos administrativos especiais: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en: Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio biblioteca intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase, en cada caso, o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

P.D. (Resolución 1-2-2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos