Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Franco André.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso 49/2001 (procedemento abreviado), interposto por

María del Carmen Franco André na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario, convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de ATS/DUE, pretende a súa inclusión na relación de aspirantes seleccionados (quenda de promoción interna).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer en forma no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos