Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de abril de 2001, de modificación da do 10 de marzo de 1988, pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados A, B e C do distrito marítimo de Portonovo.

Os polígonos de bateas denominados A, B e C do distrito marítimo de Portonovo foron creados por orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974 (BOE nº 75, do 28 de marzo).

No Diario Oficial de Galicia nº 83, do 3-5-1988 publicábase a Orde do 10 de marzo de 1988, pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados A, B e C do distrito marítimo de Portonovo.

Por petición dos titulares das concesións administrativas existentes no polígono Portonovo B, tramitouse unha modificación dos vértices A e D do polígono B de Portonovo, así como unha nova distribución das cuadrículas dentro do polígono de cultivo.

Vistos os informes dos organismos competentes na materia, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Modifícase o anexo da Orde do 10 de marzo de 1988 pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados A, B e C do distrito marítimo de Portonovo, nos seguintes puntos:

1. No tocante á situación xeográfica dos vértices A e D do polígono Portonovo B que pasan a te-la seguinte situación:

Polígono Portonovo B:

Vértice A: 42.24,2630 N 8.44,4250 W.

Vértice D: 42.23,9470 N 8.44,9350 W.

Coordenadas obtidas da carta nº 9251 da Ría de Pontevedra, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

2. No tocante á distribución das cuadrículas dentro do polígono de cultivo Portonovo B, que quedarán tal e como se indica no plano de situación das cuadrículas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura