Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da emenda de erros do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Colaboraciones Técnicas Eléctricas, S.A. (Cotelsa).

Visto o acordo asinado o día 24 de xaneiro de 2001, pola Comisión de Interpretación e Vixilancia do convenio colectivo para a empresa Colaboraciones Técnicas Eléctricas, S.A. (Cotelsa) (código 2700222), da provincia de Lugo, integrada pola representación da dita empresa e a dos seus traballadores, mediante o que se acorda e emenda de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995,

do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do dito acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no DOG e no BOP.

Lugo, 21 de febreiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta da comisión paritaria. Empresa

Cotelsa-Centro de Traballo San Cibrao.

Asistentes.

Representación empresa.

José Ángel Corral Leciñana.

Antonio Íñigo Bartolomé.

Luis M. Fanego Vidarte.

Representación dos traballadores.

Ramón López Mariña.

Gervasio Fernández Campo.

Jesús Martínez García.

En San Cibrao (Cervo-Lugo), ás oito horas do día 24 de xaneiro de 2001, reúnense as persoas á marxe relacionadas, membros da Comisión de Interpretación e Vixilancia prevista no vixente convenio colectivo (disposición derradeira primeira). O obxecto da reunión é comunicar á Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, erros detectados na transcrición do convenio desta empresa ó idioma galego.

Ámbalas dúas partes acordan por unanimidade comunicarlle á citada delegación o texto corrixido dos artigos 19 e 26.8º e elevalo a definitivo, segundo o texto seguinte:

Artigo 19. Pezas de roupa de traballo e aseo.

O primeiro parágrafo debe quedar redactado do seguinte xeito:

«O traballador terá dereito a dúas fundas ou traxes de traballo, a escolla do traballador por cada ano de servicio prestado e a un terceiro en caso de necesidade, así como á entrega de dúas toallas por ano. Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de igual dotación das dúas fundas ou traxes no momento da súa contratación, sempre que esta sexa igual ou superior a seis meses».

Debe eliminarse o seguinte parágrafo do mesmo artigo:

«Non obstante, nos traballos excepcionalmente sucios, como son a brascaxe ou os fornos de cocción, o número de pezas de roupa para entregar será de 3, no canto de 2, sen prexuízo de que, así mesmo, sexa atendida calquera emerxencia».

Artigo 26.8º.

O primeiro parágrafo debe quedar redactado do seguinte xeito:

«As faltas inxustificadas ou de impuntualidade no traballo producirán a reducción ou perda de salario segundo a escala seguinte».

O resto do artigo permanece invariable.

E en proba de conformidade, asinan os asistentes á reunión no lugar e data ut supra.

Rubricado