Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 906/1995, do 21 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/4849/1993, interposto por José Rodríguez García e José Manuel Moreno García, contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de abril de 1993 (DOG do 10 de maio), así como a desestimación presunta, por silencio administrativo, dos recursos de reposición deducidos contra a dita resolución, sobre aprobación definitiva do proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 906/1995, do 21 de decembro, que a seguir se transcribe:

«Resolvemos: que estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por José Rodríguez García e José Manuel Moreno García contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de abril de 1993, de aprobación definitiva do proxecto de readaptación do PXOU de Vigo á Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo de Galicia, en canto a que tal acordo clasifica un terreo dos recorrentes como solo urbanizable non programado, e diríxese tamén contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición formulado contra o mencionado acordo; debemos anular e anulámo-lo acto impugnado no extremo relativo á clasificación como SUNP de terreo dos recorrentes sito na r/ Cañiza, da cidade de Vigo e dispoñemos que o dito terreo debe de ser clasificado como solo urbano nun fondo de 25 metros desde a dita rúa, con desestimación das restantes pretensións».

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda