Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1920/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do día 29 de marzo de 2001, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da zona 3 do SU 17 do PXOU de Ourense, por instancia de Manuel Cruz Rodríguez, en representación de Promotora CMT, S.L., significando á promotora que a ocupación e materialización do aproveitamento urbanístico da parcela resultante 1 se fará con estricta suxeición ós condicionantes establecidos no informe da oficina técnica do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística do 10 de xaneiro de 2001, que consta no expediente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 29 de marzo de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente