Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (19/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na sesión do día 8 de marzo do ano 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Promociones y Construcciones Cotoriño, S.L. en representación da comisión xestora da zona 9 B do SU-32 do PXOU de Ourense, os estatutos e bases de actuación para a xunta de compensación do dito ámbito, que se vai constituír para a xestión urbanística do dito polígono.

2. Aprobar inicialmente, por instancia de Promociones y Construcciones Cotoriño, S.L. en representación da comisión xestora da zona 9 B do SU-32 do PXOU de Ourense, o proxecto de compensación do dito ámbito de xestión urbanística, debendo corrixirse antes da aprobación definitiva no proxecto os erros materiais detectados na descrición do aproveitamento urbanístico das parcelas resultantes 1 a 4 e o erro aritmético da superficie da zona verde de uso público.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de marzo de 2001.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións