Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. (Expediente 1/2001).

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de saneamento núcleos rurais de Piñeiro, Silvoso e A Bouza.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de pesetas.

5. Garantía provisional: 200.000 pesetas. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase consonte o seguinte modelo:

Don/Dona...., con DNI número...., expedido en..., con data do...., en mome propio (ou en representación de...., como acredita por...), informado/a da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número... con data do... toma parte nel e comprométese a realiza-la obra de saneamento núcleos rurais de Piñeiro, Silvoso e A Bouza, no prezo de... (en letra e número),

comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, consonte o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas, que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 4 de abril de 2001.

José A. Eiras Paz

Alcalde