Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 7-3-2001, a modificación do sistema de actuación na unidade de actuación centro-sur nº 8 (rúa Galicia-S. Roque) do PXOU vixente, de cooperación por compensación, solicitado por Antonio Corral Vázque e outros.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 12 de marzo de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

P.D (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área