Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (3/2001).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 26 de marzo de 2001, dictou a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación redactado polos servicios técnicos municipais dos terreos afectados polo Plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural (PEXCE), que se corresponden, nunha primeira fase que agora se realiza, coa zona delimitada como Castro no Decreto 37/1999, do 11 de xaneiro, no que se declara a delimitación do contorno de protección do Castro de Elviña no concello da Coruña.

2. Declara-lo arquivo do proxecto de expropiación do Castro de Elviña iniciado por resolución da Alcaldía-Presidencia do 20 de agosto de 1998, dispoñendo a conservación dos actos de trámite e documentación achegada polos afectados naquel na medida da súa vixencia e a súa incorporación ó que se inicia por esta resolución.

3. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

4. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, o que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal ós interesados nos termos que prevén o artigo 144.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, co obxecto de formular no dito prazo cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos seus dereitos; para ese fin poderá ser consultado nas dependencias do Servicio de Urbanismo deste concello, de luns a venres das 12 ás 14 horas.

O que se publica para xeral coñecemento, para os efectos sinalados no punto catro do acordo que se traslada.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 27 de marzo de 2001.

O alcalde

P.D

Salvador Fernández Moreda