Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adquisición dun camión para a recolla de lixo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 8.700.000 pesetas (72.288,06 euros).

5. Garantía.

Provisional: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Concello de Chandrexa de Queixa.

b) Localidade: Chandrexa de Queixa.

c) Teléfono: 988 33 40 00, fax: 988 33 40 56.

7. Presentación de ofertas.

a) Das 9 ás 14 horas, durante os 8 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Lugar de presentación.

1. Concello de Chandrexa de Queixa.

2. Localidade: Chandrexa de Queixa, 32786.

c) Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de condicións aprobado polo pleno, e está á disposición dos interesados no concello.

8. Apertura de ofertas.

En acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábados) a aquel no que finaliza o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Chandrexa de Queixa, 27 de abril de 2001.

Francisco Rodríguez Rodríguez

Alcalde