Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 26 de marzo de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Gallego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recaudación (R.X.R.).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do R.X.R., esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días, desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 26 de marzo de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo Marítimo Oza da Coruña

ANEXO

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Fernández Rivas, Eduardo14.262.533Asistencia sanitaria5-9-200035.840

Álvarez Fernández, Juan34.625.564Asistencia sanitaria4-7-200035.840

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Nogueira Pérez, Isabel36.101.926Asistencia sanitaria14-8-200035.840

Vilariño Galindo, Ana32.659.310Asistencia sanitaria30-6-200035.840

Morales Camargo, Fernanda66.854.745Asistencia sanitaria24-5-200035.840

Fernández Rodríguez, Ana M.10.855.372Asistencia sanitaria12-6-200035.840

Pedroza Pulgarín, Jorge MauricioCc80373287

(pasaporte)

Asistencia sanitaria19-10-200035.840

Ulatowski, WojciechBm3873083

(pasaporte)

Asistencia sanitaria19-7-200035.840

Rosas Tascón, Constanza Lilianacc66959217

(pasaporte)

Asistencia sanitaria14-12-200035.840