Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso para a contratación do servicio de cafetería do Hospital Abente y Lago. (Contrato administrativo especial coa referencia C.E. 1/2001).

O Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orden do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104 do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto do contrato: explotación do servicio de cafetería do Hospital Abente y Lago da Coruña (contrato administrativo especial do artigo 5.2º b) do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas en diante, a LCAP).

Tarifas polos servicios: o adxudicatario terá dereito a percibir dos usuarios do servicio contratado o prezo correspondente ás prestacións que lles satisfixese, na contía establecida na tarifa aprobada, vixente en cada momento. Os licitadores deberán incluír nas súas ofertas as tarifas que propoñen para o primeiro ano de explotación, as cales deberán ser necesariamente iguais ou inferiores ás máximas establecidas nos pregos, para tal efecto, tal e como se establece no punto 2.1 do anexo III.

Gastos por conta do adxudicatario: de acordo co réxime establecido nos pregos, corresponderán o adxudicatario do contrato os gastos ocasionados polo servicio (previos e durante a explotación), así como a satisfacción dun canon e outras prestacións complementarias a favor da Administración que, se é o caso, caso, ofertase. O canon anual para o primeiro exercicio de actividade, co carácter de mínimo e mellorable nas súas ofertas polos licitadores, establécese en 300.000 pesetas/ano; actualizándose para o segundo exercicio e os sucesivos, conforme se establece no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantía provisional: 250.000 pesetas.

1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de acordo co previsto nos artigos 73, 74, 85 e seguintes da LCAP.

2. Prazo de vixencia: a explotación por parte do adxudicatario do servicio de cafetería licitado terá unha duración máxima de seis anos, contado desde o momento no que se produza o seu comezo efectivo.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes sobre ningún dos elementos que comprenden o obxecto deste contrato.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas do complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 27 de abril de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña