Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

O alcalde, por Resolución do 30 de abril de 2001, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da subministración e colocación dunha ponte-pasarela de acceso ó núcleo da estación.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presentar-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de submnistración, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución.

Obxecto do contrato: subministración e colocación dunha ponte-pasarela de acceso ó núcleo da estación, coas características mínimas esixidas na base I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de entrega: Concello da Pontenova.

Prazo de execución: dous meses desde a sinatura do contrato.

Orzamento de licitación: 13.316.800 pesetas, IVE e demais impostos incluídos.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional 266.336 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo o no DOG.

A Pontenova, 30 de abril de 2001.

Enrique Fernández González

Alcalde