Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 27 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores PESAN1 2000/000117-2 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se citan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes reslacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avenida Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000117-2.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

DNI: 76.404.457.

Enderezo: Tras das Cercas, s/n, Cedeira.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.000 de pesetas (6.010,12104383782 euros).

Nº de expediente: PESAN1 2000/000138-2.

Denunciado: Norfish, S.L.

DNI: B36563128.

Enderezo: Frigoríficos Frigalsa-A Riouxa, Teis, Vigo.

Precepto infrinxido: 5.3º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 10.000 pesetas (60,107713 euros).

Nº de expediente: PESAN1 2000/000144-2.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

DNI: 76.404.457.

Enderezo: Tras das Cercas, s/n, Cedeira.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.000 de pesetas (6.010,12104383782 euros).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0154/11/3110000040 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina de Celeiro-Viveiro, título da conta: Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Celeiro-Viveiro, 27 de marzo de 2001.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo