Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 27 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador PESAN1 2000/000225-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se cita a proposta do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que coide pertinentes.

O expediente que se cita de seguido atópase á disposición do interesado na Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avenida Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000225-2.

Denunciado: Fernando Casas Díaz.

DNI: 32.657.469E.

Enderezo: Crónicas, 3-2º A, Cedeira.

Celeiro-Viveiro, 27 de marzo de 2001.

Cristina López-Escobar Fernández

Instructora