Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 28 de marzo de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da concentración parcelaria da zona de Santiago de Prevediños (Touro-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Santiago de Prevediños (Touro-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura, sita na praza Luís Seoane, s/n, 6ª planta, da Coruña xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días contados desde o seguinte ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de apañar no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre entregante e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas entregadas no prazo de dous meses contados desde a publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 28 de marzo de 2001.

Rodolfo M. Rodríguez-Morales González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña