Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. Campus Universitario.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15 kV, de 632 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Escola Enxeñeiros ATI7211243 ata a L.M.T. ATI 7211254 e ATI7211256. L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 239 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Escola Enxeñeiros ATI7211243 ata os CC.TT. Ciencias do Mar e edificio I+D. As instalacións están situadas no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de marzo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra