Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a Fegafón a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I e IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Julio Blanco Cadahía, en representación de Fegafón e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I e IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Conceder a Fegafón a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria