Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. avda. de Vigo nº 54.
Situación: Mos.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 132 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto na L.M.T.S. Mos entre os CC.TT. Puxeiros e Integasa, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na avda. de Vigo nº 54, no concello
de Mos, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de marzo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra