1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.
2. Obxecto do contrato: descrición: contratación para a subministración de carne equina para consumo dos animais do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.
Lotes: non.
Lugar de entrega: Vigo (Pontevedra).
Prazo: 4 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4. Orzamento base: 19.051.200 pesetas (IVE incluído) (114.500 euros) polo prazo de catro anos.
5. Garantías.
Provisionais: non se esixe.
Definitivas: 4% do orzamento da subministración.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.
Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económico-financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: quince días hábiles a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.
Data e hora: ás 10 horas do primeiro martes seguinte ó día no que remata o prazo de presentación de proposicións na casa do concello. Se coincidise en día non hábil o de apertura de propostas, ou, se por causas de forza maior non se puidese celebrar, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XIX do prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 29 de marzo de 2001.
Amador Fernández Fernández
Presidente do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo