Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de condicións para a contratación dos traballos de elaboración do inventario de bens e investigación de propiedades municipais, ponse a información pública polo prazo de 8 días

para efectos de reclamacións. Asemade, anúnciase a convocatoria de concurso para a respectiva contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: elaboración do inventario de bens e investigación de propiedades municipais.

b) Lugar de execución: Sanxenxo.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisoria: 140.000 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de obras municipais do Concello de Sanxenxo-rúa Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono: 986 72 00 75 e 986 72 00 76. Fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: aque resulte de contar 15 días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que se presentará: a descrita no respectivo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: o día hábil seguinte ó e remate da presentación de ofertas.

c) Horas: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 13ª do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

A conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 28 de marzo de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde