Aprobado o prego de condicións económico-administrativas para o proxecto de informatización municipal do Concello de Sanxenxo, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Asemade, anúnciase a convocatoria de concurso para a respectiva contratación.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: informatización municipal do Concello de Sanxenxo.
b) Lugar de execución: Sanxenxo.
c) Prazo de subministración e instalación: 10 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 15.000.000 de pesetas.
5. Garantías:
Provisional: 2% do prezo de licitación.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Tfno.: 986 70 00 75-76. Fax: 986 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite: a que resulte de contar 15 días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a descrita no respectivo prego de condicións.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións:
Criterios de adxudicación: cláusula 6ª do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios:
Pola conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 28 de marzo de 2001.
Telmo Martín González
Alcalde