Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU no ámbito do solo urbanizable B-2 da Parda, que abrangue o actual polígono B-2, parte do pazo da Parda e vía de nova apertura, prolongación da vía do sistema xeral que atravesa a unidade de actuación número 14 do PXOU.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o vintecatro de febreiro de dous mil un, prestou aprobación inicial ó proxecto denominado de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito do sector urbanizable B-2 da Parda refundido, que abrangue o actual polígono B-2, parte do Pazo da Parda e o da vía de nova apertura prolongación do sistema xeral que atravesa a unidade de actuación 14 do PXOU (entre as rúas A Estrada e Pintor Laxeiro -antes Pedra do Lagarto-) en execución do convenio urbanístico subscrito o 19-5-1999 pola alcaldía e José Ramón Fernández Bugallal y Barrón, sendo o proxecto formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da oficina técnica municipal de planeamento e xestión con data do 28-9-2000, nos termos do informe emitido o pasado 13-7-1999 polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, dispoñéndose o semetemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 12 de marzo de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente